Documentación:
- Solicitude normalizada.
-Acta
fundacional normalizada (2
exemplares coas sinaturas orixinais das persoas asistentes
á asamblea de constitución) e deberá
conter: Nome, apelidos dos promotores sis son persoas físicas,
ou denominación e razón social se son persoas xurídicas,
nacionalidade e domicilio e número de identificación
fiscal; a vontade de constituír unha asociación,
os pactos que de selo caso establecerán, e a donominación
que será coincidente coa que figure nos estatutos; lugar
e data de outorgamento da acta e sinaturas dos promotores e identificación
das persoas que integran o órgano provisional de goberno.
-
Estatutos (2
exemplares asinados en tódalas follas con sinaturas orixinais
de polo menos tres promotores co seu DNI). Nos servicios administrativos
abaixo indicados está á
súa disposición un documento-guía para a redacción
de estatutos dunha asociación sen ánimo de lucro
de tipo xeral
-Documentación
acreditativa da personalidade:
-Persoas
físicas:
copia do DNI
-Persoas xurídicas:
certificación
do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza
a vontade de constituí-la asociación así como
a designación
da persoa física que a representará que deberá remitir
copia do DNI
-Taxa |