O domingo, día 15 de xuño, no pavillón do Mesón, celebrarase o acto de clausura das actividades da tempada 2007-2008. Haberá xogos tradicionais e talleres de entretemento e a partir das 16.30 horas, exhibición de Taekwondo e Patinaxe.
VISITA AO PARQUE NACIONAL DE ORDESA. DIAS 1,2,3 E 4 DE MAIO DE 2008.-
O Parque Nacional de Ordesa está situado na provincia de Huesca, que inclúe o Val de Ordesa e outros territorios lindeiros, cos que acada unha extensión de 15.608 hectáreas. En 1918 foi declarado P. N. e en 1982 ampliouse e recibiu o nome actual de ORDESA E MONTE PERDIDO. Existe unha gran variación climática debido ás diferentas de humidade e altitude, polo que existe unha gran diversidade de flora e fauna. Está considerada Reserva da Biosfera (desde 1977), é Patrimonio Mundial da UNESCO (desde 1997) e Zona de Especial Protección de Aves (desde 1988).
Situado na comarca de Sobrarbe e enclavado no Pirineo Central Aragonés, este espazo desde sempre estableceu unha relación de equilibrio entre o home e a montaña, rachado algunha vez, pero sempre restablecido. Pacientemente os seus habitantes modelaron no que lles foi posible, a paisaxe, dando como resultado o seu aspecto actual.
Nunha guía editada no ano 1862, dí de Ordesa: “Contadas personas han visitado hasta ahora este valle; no conozco ninguna de entre ellas que no se haya felicitado de conocerlo. Son tan vivos los colores de sus rocas, sus aspectos tan variados y a la vez tan gigantescos, son tan hermosos los bosques que las pueblan que tal espectáculo no se encuentra superado por el que ofrezca cualquier otro país”.
PROGRAMA:
Día 1 de Maio: saída da Alameda de Ordes ás 7 da mañá en autobús, paradas necesarias para o descanso e visita a localidade de Aínsa (Huesca), que está rodeada nunha boa parte por unha muralla medieval, tamén conta cun castelo e unha igrexa románica do século XII, a súa Praza Maior ten elementos Góticos. Chegada ao albergue “EL ÚLTIMO BUCARDO” na localidade de Linás de Broto para cear e acomodarse nas habitacións.
Día 2 de Maio: saída cara á “Pradera de Ordesa”, pasando por Torla que é a porta de entrada ao “Valle de Ordesa”. Roteiro desde a “Pradera” ao Circo de Soaso para ver a cascada de Cola de Cabalo, cun percorrido de ida e volta de 6 horas, superando un desnivel de 550 metros.
Día 3 de Maio: saía de novo cara o val de Ordesa en autobús. Roteiro “Pradera de Ordesa” – Circo e Cascada de Cotatuero – Pradera. Visita ao Centro de Interpretación do Parque e á vila de Torla.
Día 4 de Maio: saía cara Ordes con paradas no camiño sen determinar.
MATERIAL QUE DEBES LEVAR: comida e auga para o xantar do primeiro día, mochila pequena, vara de sendeirismo, roupa impermeable, calzado de montaña impermeable, calzado de reposto, roupa de abrigo, material de aseo persoal (non é necesario levar toalla), e tarxeta da Seguridade Social.
RECOMENDACIÓNS:
A asociación fai as seguintes recomendacións: debemos manter a disciplina de grupo, é decir, ser puntuais nos horarios, non adiantar ao guía nos roteiros, non arrincar plantas e non deixar ningún tipo de lixo no monte (cada ano visitan este P.N. máis de 600.000 persoas).
A ASOCIACIÓN TEN RESERVADO PARA ESTE VIAXE 30 PLAZAS DE ALOXAMENTO EN PENSIÓN COMPLETA NO ALBERGUE “El Último Bucardo”, na localidade de Linás de Broto, EN HABITACIÓNS DE 2,3 E 4 PRAZAS CON BAÑO.
Reserva antes do día 12 de abril, ingresando o 50% do importe na conta da asociación.
Prezo: socios/as 225 € (non socios/as 240 €).
Teléfono de reservas: 690 038 625
Rúa do muíño, nº 1-1º, 15680 ORDES, tfno. 981 682 218 (os venres de 20 a 23 horas).
SEMANA SANTA EN SALAMANCA E SERRA DE GREDOS (AVILA).
SALAMANCA: Capital e cidade da provincia de Salamanca, Castela e León, situada na ribeira dereita do río Tormes. Baixo o dominio romano, formou parte de Lusitania e, desde 712, quedou en poder dos musulmans ata a conquista de Toledo. Durante os reinados de Alfonso VIII e Alfonso IX elaborouse o foro da cidade e fundouse a universidade no 1200. Foi o centro da industria textil castelá e mercado exportador de lá. No século XVI a universidade converteuse nun foco cultural de Europa. A cidade vella foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1988). Conta con varios edificios declarados Ben de Interese Cultural: Catedral Vella, Catedral Nova, Convento de San Esteban, a Torre de Clavero, a Casa de María la Brava, a Casa del Doctor Abarca Maldonado, a Casa de las Conchas e os Palacios de Monterrey e de Fonseca e o Colexio dos Irlandeses ou do Arzobispado. Tamén destaca a sua Praza Maior e como non a zona dos viños e “pinchos”.
PROGRAMA:
Día 19 de marzo de 2008: Saída de Ordes ás 08:00 horas, parada no camiño para descanso do conductor e tamén para mercar pan. Visita á Serra de Francia. No suroeste da provincia de Salamanca entre Bejar e “Ciudad Rodrigo”, esténdese a Serra de Francia. Para chegar a estes montes, onde o aire é frio incluso en Agosto, hai que atravesar “dehesas” dedicadas á cria de porcos ibéricos. Dende a propia Peña, coroada por un mosteiro, compréndese o dito de “mirar a las Batuecas”, o Parque Natural que acolle esta paisaxe deixa realmente embobado a calquera. A Alberca é a localidade máis interesante da zona, polas construccións típicas de montaña con entramado de madeira apiñadas no contorno da súa praza Maior e tamén aliñadas en rúas estreitas. Tamén vale a pena visitar “Miranda del Castañar”, encerrada tras das súas “murallas” sobre unha colina que domina un amplo val.
Chegada á cidade de Salamanca (albergue xuvenil Lazarillo de Tormes).
Día 20 de marzo de 2008: Saída cara á Serra de Gredos (GARGANTA DE BOHOYO). A garganta de Bohoyo nace no corazón do macizo central de Gredos, entre cordais, onde a serra alcanza a súa máxima altura e ensánchase mentres descende buscando as depresións do Val de Tormes, no que verte as súas augas: É un dos vales glaciares mellor conservados do sistema central.
Roteiro de sendeirismo por este val glaciar (seis horas con dificultade media, que pode ser alta se atopamos neve).
Día 21 de marzo de 2008: Escapada a Segovia: cidade famosa polo seu Acueducto, o Alcázar e os seus afamados asados. Nas proximidades desta cidade teremos a oportunidade de visitar “La Granja de San Ildefonso”, un palacio construído por iniciativa de Felipe V, cun impresionante xardín ao seu arredor adornado con fontes de auga e esculturas.
Día 22 de marzo de 2008: Saída cara aos arredores da serra de Gredos, na estrada que nos leva a “Talavera de la Reina”, atópase o chamado barranco das cinco vilas, no fondo deste val, en Arenas de San Pedro ademáis do mosteiro de San Pedro de Alcántara están as “Cuevas del Aguila”. O castelo de Mombeltrán, situado na localidade do mesmo nome vixía a entrada sur do porto do Pico, onde os romanos construíron unha calzada que sorprende pola audacia do seu trazado. Aquí teremos a oportunidade de percorrer de novo un tramo de vía romana.
Día 23 de marzo de 2008: mañán libre pola cidade de Salamanca, despois de xantar sairemos de camiño cara Ordes para chegar sobre as 21:00 horas.
MATERIAL QUE DEBES LEVAR:
Comida e auga para o xantar do primeiro día, mochila pequena, vara de sendeirismo, roupa impermeable, calzado de montaña impermeable e calzado de reposto, roupa de abrigo e calcetíns dabondo. Toalla e material de aseo persoal. Tarxeta da Seguridade Social.
RECOMENDACIÓNS:
A Organización fai as seguintes recomendacións: debemos manter a disciplina de grupo, é decir, ser puntuais nos horarios, non adiantar ao guía nos roteiros, e non arrincar prantas nin deixar lixo de ningún tipo no monte.
A ASOCIACIÓN TEN RESERVADAS 42 PRAZAS DE ALOXAMENTO CON PENSIÓN COMPLETA NO ALBERGUE MUNICIPAL DE SALAMANCA, ONDE CONTA CON HABITACIÓNS DE 2, 3, E 4 PRAZAS CON BAÑO.
RESERVA ANTES DO DÍA 1 DE MARZO.
PREZO: Socios/as 185 € (Non socios 205 €).
Tlf. de reservas: 690 038 625
Rúa do Muiño nº 1-1º - 15680 Ordes – Tlf. 981682218 (os venres de 20:00 horas a 23:00 horas).
PAGO: Ingreso en c/c 2091/0382/15/3000034118 (Caixa Galicia, Sucursal nº 1 de Ordes, conta de Tarandeira).