Emprego Vivenda Administracion Axudas Deporte Xuventude Ensino Voluntariado Muller Tecnoloxia B.O.E´s  
 
 
 Menú principal
 Lexislación
     Xeral
        - Lei Orgánica
        - Decreto
     Municipal
 Rexistro estatal de Asociacións
     Deportivas
     Educacionais
     Culturais
     Comisions de festas
     
 Enlaces Externos
 
:: Agrupación de Asociacións do Concello de Ordes ::

Antes de comezar, gustaríame felicitarte dende a Alcaldía polo feito de que o atoparte neste espazo amosas curiosidade, interese, preocupación e con este paso pouco a pouco vas descubrir un mundo que é fundamental para a nosa sociedade e para a democracia, que é o das Asociacións.

Eu, Manuel Regos Boquete, non só como Alcalde senón como un veciño máis do noso Concello, considero que o asociacionismo é unha experiencia indispensable para formarse un como persoa nun momento no que predomina o individualismo e os intereses particulares sobre os da Comunidade. A través de esta vivencia comenzamos a vencellar termos tan importantes como cooperación, traballo en equipo, tolerancia, respecto, loita por uns ideais, etc. Ademais de ser un eixe primordial para medrar como ser humano e un medio e instrumento clave para fomentar e potenciar a participación cidadá. Cada un de nós como membros e partes activas da nosa Comunidade temos como dereito e como obriga o compromiso por buscar e aportar solucións ante as necesidades que máis nos preocupan, e tamén debemos analizar en profundidade os aspectos que inflúen e condicionan o xurdir destas situacións .

Dende a Corporación local, e concretamente o voso Alcalde, vos invita a exercitar este dereito co fin de que reivindiquedes e defendades, a través do foro, os vosos ideais, as vosas inquedanzas e as vosas iniciativas.

CONTO, ESPERO E DESEXO A VOSA PARTICIPACIÓN E O VOSO COMPROMISO POR MELLORAR A NOSA COMUNIDADE.

Manuel Regos Boquete

 

 
 

© Concello de Ordes. Información mantida e publicada na internet polo Concello de Ordes co cofinanciamento da Xunta de Galicia, Conselleria de Innovacion e Industria.

Páxina compatible co estándar W3C  
 
 

 

ESCRIBIR SUXERENCIAS. VER MAPA DA WEB.CONTACTA CO WEBMASTER DE ASORDES.ORG